Noticias

Axuda para a reparación de danos causados polos incendios de outubro de 2017

Informacion sobre a ORDE do  27 de outubro de 2017, DOG, nº 206 do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as AXUDAS DOS DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS OUTUBRO 2017

ASUNTO: AXUDA DANOS INCENDIOS OUTUBRO 2017

ORDE do  27 de outubro de 2017, DOG, nº 206 do 30 de outubro de 2017.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar a orde de axudas conxunta de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

RESUMO: cuestións de interese para solicitar a axuda:

  • Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras. Unha mesma persoa poderá solicitar as sete liñas de axuda. (no anexo figuran as distintas liñas de axuda xunto coa contía máxima por solicitante).
  • As liñas de axudas correspondente a perda de colmeas e adquisición de alimentación complementaria para as colmeas nas zonas afectadas correspondense as liñas VI e VII.
  • Gastos subvencionables:

Destrución das colmeas. O importe é de 100 euros por colmea destruída cun máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.

O 100% do custo de alimentación complementaria para as colmeas nas zonas afectadas para un máximo de 3 meses cun máximo para persoa beneficiaria de 3.000 euros

  • O prazo de solicitudes empeza o 31  de outubro e remata o 30 de novembro de 2017. SOLICITENO CANTO ANTES
  • Xunto coa solicitude (modelo axunto) é preciso axuntar a seguinte documentación:

No caso de destrución das colmeas:

  • Detalle das colmeas afectadas co código de explotación rexistrada.
  • Informe oficial (Distrito Forestal, Oficina Agraria Comarcal, Garda Civil ou Concello) en que se indique que as colmeas morreron como consecuencia dun incendio forestal.

No caso de alimentación complementaria:

  • Descrición do número de colmeas afectadas.
  • Informe oficial (Distrito Forestal, Oficina Agraria Comarcal, Garda Civil ou Concello) no que se indique que as colmeas estiveron afectadas como consecuencia dun incendio forestal.

Xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria, cálculo do volume necesario para 3 meses e tres orzamentos de diferentes provedores.

  • Para as persoas xurídicas é obrigatorio a presentación da solicitude na sede electrónica:https://sede.xunta.gal (codigo de procedemento MR316A)

A xunta pon en marcha unha liña de teléfono específica e gratuíta de asesoramento que é 900 81 54 00

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *